Carlos Bellas (UGT): “A conselleira de Traballo só dedicou dous minutos no Parlamento á saúde laboral”

Carlos Bellas (UGT): “A conselleira de Traballo só dedicou dous minutos no Parlamento á saúde laboral”

29 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Como “agridoce” cualifican desde a UGT o balance da sinistralidade laboral do 2009. En Galicia producíronse durante o pasado ano case 40.000 accidentes no traballo, o que supón un descenso dun 21% con respecto ao exercicio anterior, pero aumentaron en máis dun 4% os sinistros mortais. O responsable de Saúde Laboral do sindicato, Carlos Bellas, denunciou en Radiofusiòn que cun mínimo esforzo se terían evitado moitas desas mortes e acusou á

A redución do número total de accidentes laborais non se pode atribuír a unha mellora nas políticas de prevención de riscos, argumenta Carlos Bellas, quen entende que a verdadeira razón hai que buscala no descenso da actividade produtiva, nomeadamente no sector da construción. Resúltalle máis complicado explicar o porqué do aumento dos sinistros mortais. Case unha vintena de operarios faleceron durante o 2009 por caídas en altura, algo que sería, na opinión do sindicalista, “facilmente evitable”.

Desde a UGT acusan á conselleira de Traballo, Beatriz Mato, de non amosar interese por esta cuestión. Denuncian que o seu departamento nin está desenvolver con rapidez os plans acordados polo bipartito nin a pór sobre a mesa novas ideas sobre a seguridade no traballo. “ Mato só dedicou dous minutos no Parlamento a falar sobre a saúde laboral e nin sequera asistiu ao Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral que ela mesma preside”, expuxo Bellas.

Sociedade