Carlos Callón: “Feijóo ten que aprender a conxugar o verbo escoitar”

Carlos Callón: “Feijóo ten que aprender a conxugar o verbo escoitar”

04 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Opinións contrarias ás de Galicia Bilingüe teñen na Mesa pola Normalización Lingüística, pero concordan en algo: na oposición ao borrador do decreto do plurilingüísmo no ensino. Cualifican ao novo decreto, entre outras cousas, de galegófogo e inaplicable. Segundo o Presidente da Mesa, Carlos Callón, por primeira vez lexíslase contra a noso idioma, non se garante a competencia lingüística e redúcese a pres

“Hai que potenciar o uso do galego alomenos nun 50% “ sentenciou Callón esta mañá en Radiofusión. Co novo borrador camúflase este ataque directo ao galego asegurando que os nosos estudantes sairán falando o inglés mesmo se fosen de Londres, ironizou.

A Mesa pola Normalización Lingüística aposta polo cumprimento da lexislación vixente e do Estatuto. O espírito do artigo 5 deste último defende as competencias do galego. “Feijóo non está lexitimado para matar unha lingua. Existen unhas regras de xogo “. O Estatuto de Autonomía que proclama o galego como lingua oficial obriga aos poderes públicos á promoción da mesma.

Ante este decreto “antipedagóxico” a comunidade educativa prepara unha folga para o 21 de xaneiro . Callón agarda que ante esta “agresión histórica” todos e todas con sensibilidades pola nosa cultura, aínda que non falen galego, amosen o seu apoio. Ponse enriba da mesa o futuro da nosa lingua e do noso país e hai que loitar todos a unha para que non nos enterren.

Fronte ao borrador feito con premeditación e alevosía o 30 de decembro xusto antes de fin de ano, a Plataforma”Queremos galego” anuncia a convocatoria dunha próxima mobilización en Santiago para facerse oír, xa que  Feijóo tería que conxugar a súa prepotencia co verbo escoitar.

No caso da aprobación do novo decreto do galego adoptarán medidas a nivel interno e internacional tanto na ONU como no Consello de Europa. 

Sociedade