Carlos Callón: “O auto do TSXG filtrado pola Xunta non refrenda a legalidade do Decretazo”

Carlos Callón: “O auto do TSXG filtrado pola Xunta non refrenda a legalidade do Decretazo”

15 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia mantén a vixencia do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario. A Xunta informou ás sete deste serán, a través dun entusiasta comunicado, que o alto tribunal galego tomou a decisión o pasado luns, 13 de setembro, de manter en vigor o texto e desbotar a súa suspensión cautelar, tal e como se podería derivar do recurso presentado pola Mesa pola Normalización Lingüística. A inte

Segundo a filtración da Xunta, o órgano xurídico cualifica de “consideracións xenéricas que non poden servir de bases” para adoptar a suspensión as denuncias d'A Mesa de que o decreto é “contrario a dereito e prexudica os intereses xerais”. Da mesma maneira, a resolución do Tribunal desbotaría certos “xuízos valorativos” presentes no recurso e afirmaría que non é de todo certo que o Consello Consultivo cuestionase a legalidade de todos os preceptos da norma. 

Institucional