Carlos Núñez e The Chieftains este sábado no Obradoiro.

Carlos Núñez e The Chieftains este sábado no Obradoiro.

10 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

Esta mañá presentouse en Santiago de Compostela o concerto que mañá, sábado 11 de setembro, ofrecerá o gaiteiro Carlos Núñez na Praza do Obradoiro, acompañado pola Orquestra Sinfónica de Galicia, considerada unha das mellores formacións sinfónicas de España, e pola banda irlandesa The Chieftains como convidados especiais. Na presentación do concerto participaron o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varel

Ignacio Santos explicou que a actuación, que dará comezo a partir das 20:30 horas, será de entrada libre ata completar aforamento, pero que desde as 19:00 horas, instalaranse os controis de aforo, acceso e seguridade nos puntos habilitados para a entrada de público, concretamente nas rúas Raxoi, Franco, San Francisco e o arco de San Xerome.

Será o primeiro concerto sinfónico que Carlos Núñez ofrecerá en Galicia, no que volverá a compartir escenario co grupo de música celta máis importante da historia, os mestres irlandeses The Chieftains, que cumpren 48 anos de exitosa carreira profesional e cos que o gaiteiro xa ten colaborado con anterioridade. A velada musical estará baixo a batuta do director irlandés David Brophy, titular da orquestra de Radio-Televisión Irlandesa, ademais da presenza dunha banda de gaitas que reúne aos mellores gaiteiros e gaiteiras novos de Galicia que foi formada expresamente para este concerto por Carlos Núñez.

Sociedade