Carmen Beceiro era unha escritora excepcional

Carmen Beceiro era unha escritora excepcional
31 de Marzo, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Carmen Beceiro Vizoso é unha escritora excepcional, afirma a profesora da Universidade de Barcelona Helena González. A súa primeira novela El marino, publicada en 1887 resultou escollida como a obra do mes de marzo da Biblioteca Franciscana de Santiago.

ESCOITA O PODCAST:

Conversa con Helena González sobre Carmen Beceiro Vizoso:

http://173.255.131.18/audio/260324GONZALEZ.mp3

Arquivo Jorge Gomez

Era unha obra tipo folletín pero alcanza tres edicións en menos de un ano. En 1889 publica en Barcelona a segunda novela “La Bella aldeana” onde inclúe unha detallada descrición da romaría de San Ramón de Sillobre. Beceiro Vizoso naceu en Ferrol, pero o seu pai Manuel Beceiro Freire, segundo contramestre da Armada, era de Perlío. A profesora Helena González traballa coa hipóteses de que Carmen Beceiro vivira algún tempo en Fene. En 1906 entra como académica correspondente da Real Academia Galega. Era unha escritora sen rostro e sen biografía, segundo a profesora Helena González.  A literata naceu en Ferrol pero probablemente pasou estadías en Fene en distintos momentos da súa vida. Na súa obra describe lugares e tradicións de Fene.
 

"Fene es la esmeralda de los rios, la madre de los cantores de diverso plumaje, ..." comeza así a novela La Bella Aldeana. Helena González, que investiga a súa obra, é profesora de Estudos Galegos e Portugueses na Universidade de Barcelona. A súa investigación articúlase arredor da crítica literaria feminista, a cultura popular e a teoría das emocións.

Imaxe da romaría de San Ramón de Sillobre. Agosto de 1924 ou 1925. Arquivo Jorge Gómez.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora