Carmen Brea: “As mulleres seguen estando en peor situación”

Carmen Brea: “As mulleres seguen estando en peor situación”

07 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

En relación aos homes, as mulleres en Galicia cobran un 23% menos de media, as súas pensións son un 26% menores e perciben polo desemprego un 18% menos. Así o indica o estudo que vén de facer público UGT-Galicia, con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora. A secretaria de Servizos Sociais e Políticas de Igualdade, Carmen Brea, apuntou na presentación que, ademais deste estudo, o sindicato levará a cabo actos en todas as comarc

O estudo, que analiza o panorama da situación laboral das mulleres dende o inicio da crise, no ano 2008, indica que o numero de mulleres desempregadas na nosa comunidade aumentou nos últimos anos en máis dun 16%, pasando a engrosar as listas do paro  130.000 mulleres máis. Malia este incremento, a taxa de ocupación das mulleres apenas sofre variación, rexistrándose unha perda de tan só 14.700 postos e creándose 7.800 a tempo parcial. O sindicato coida que esta parcialidade está supondo un considerable retroceso na calidade do emprego feminino.

Os datos son aínda peores no tocante ás mulleres máis mozas: as menores de 22 anos rexistran un paro do 52,9%; ata os 30 anos, un 35%; e tan só as mulleres maiores de 35 anos aproxímanse á media de desemprego feminino, en torno ao 16%. Carmen Brea incidiu na necesidade dun modelo produtivo baseado na formación para saír da crise e demandou a incorporación de mulleres formadas ao mercado laboral.

Sociedade