ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Nove anos leva investigando a veciña de Maniños, Carmen Feal, sobre o pasado da súa parroquia natal. O proxecto, en realidade, xordiu moito antes tendo en conta que, para iniciar o seu traballo, esta fenesa empregou apuntamentos da súa avoa e incluso algún artigo publicado polo seu pai sobre o tema.
A "Historia de Maniños " de Carmen Feal remóntase á prehistoria e comeza cun relato sobre as orixes da parroquia. No libro fálase, por exemplo, da importancia que tiveron os castros de Prismos, o do Eixo e o da praia, dentro do enclave do Monte de Ancos. Tamén hai referencias á época romana e ao que quedou dela, o Camiño Real, "que atravesaba Maniños, conectando Laraxe con Mugardos, ate a zona dos castelos".
As primeiras referencias que se teñen sobre a constitución de Maniños como parroquia datan do século XII, segundo explicou Carmen Feal a Radiofusión. Ademais de analizar os principais acontecementos que marcaron a historia deste recuncho do Concello de Fene, a estudosa lémbrase das familias que tiveron máis peso e influenza na zona: os Orozco, os Montenegro, os Munín, os De la Veza e os Vizoso.
Facendo unha revisión da historia máis recente, Carmen Feal fíxase, sobre todo, na aspecto cultural e no rico tecido asociativo co que foi medrando Maniños a partir do século XX.