Carpe diem

Centrarse en cada momento que se vive.
15 de Xaneiro, 2020 - 10:43 h. | Publicada por Radio Fene

A incertidume sobre, qué nos pode pasar? non sirve para avanzar. Anclarse no pasado tanpouco, así que practiquemos o "vivir no estado presente".

ESCOITA O PODCAST:

Carpe diem é unha locución latina que literalmente significa ‘toma o día’ ou ‘aproveita o momento’. Foi acuñada polo poeta romano Horacio: Carpe diem, quam minimum credula postero ‘Aproveita oa día, non confíes no mañá”. Deste asunto e da autoconfianza falamos esta mañá no espazo Vilanova. Centrarse en cada momento que se vive e non quedar atrapados no pasado é unha boa maneira de encarar a vida, en palabras do psicólogo, José Barcia. Hai que aceptar a natureza humana, cos seus erros e reveses, di Barcia, pero cando veñen as oportunidades hai que saber aproveitalas.

A autoconfianza pode axudar. Cita Barcia unha frase moi ilustrativa: “ Un paxaro nunha rama non ten medo que rompa porque sabe que a súa forza está nas ás”. A autoconfianza dá a seguridade necesaria para seguir adiante.

Sociedade

Publica o teu comentario agora