Carpetazo á loita polo sufraxio feminino

Carpetazo á loita polo sufraxio feminino

25 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Ferrol clausurará este venres, ás 20.00 horas, a exposición “Historia do feminino en España”, que se inaugurou o pasado 4 de maio no local da Praza de España situado fronte ao Fórum Cidadán. Ata o dagora, máis de 1.100 persoas achegáronse a coñecer o contido deste mostra, aberta ao público en horario de tarde, de 18.30 a 20.30 horas. Así mesmo, os centros de ensino poden visitala en

A exposición “O voto feminino en España” enmárcase dentro da programación de mostras realizadas por mulleres que cada mes se abre na Casa da Muller -esta é a primeira que non se abriu nestas instalacións municipais-. Con ela preténdese render unha homenaxe ás mulleres que loitaron de forma anónima para conseguir un dereito fundamental como é o do libre sufraxio, acadado no ano 1931, cando foi aprobado polas Cortes Constituíntes da Segunda República. Este fito constitúe o froito dun longo período de loitas que abarca desde mediados do século XIX ata ben entrado o século XX e configúrase como unha conquista histórica na construción da democracia e na consolidación da cidadanía feminina.

A mostra ofrece un importante e histórico material documental e fotográfico e foi elaborada no ano 1981 con motivo da celebración do cincuentenario do voto feminino en España. Os seus contidos, que agora se poden coñecer en Ferrol, foron elaborados polo Centro Feminista de Estudios y Documentación e forma parte da importante colección de exposicións itinerantes xestionadas polo Instituto da Muller. Foi exhibida en numerosos lugares de España, así como noutros países da Unión Europea.

Está composta por paneis informativos que inclúen fotografías e documentación sobre a historia do voto feminino en España. Así, un primeiro bloque enmárcase dentro do epígrafe “Votos para as mulleres, unha consigna internacional”, e céntrase en aspectos como o carácter pioneiro do sufraxismo americano, a Declaración de Seneca Falls ou A Dureza da loita sufraxista en Inglaterra. Nun segundo bloque, a exposición fai fincapé no sufraxio feminino en España (a situación das mulleres na ditadura de Primo de Rivera, as primeiras asociacións feministas, a evolución do estatus social das mulleres, a proclamación da República, a conquista do voto, etc.).

Cultura