Carral súmase á cadea de atentados contra as sedes do PSdeG

Carral súmase á cadea de atentados contra as sedes do PSdeG

18 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O vandalismo segue facendo mella nas sedes do PSdeG. Dous cócteles molotov impactaron esta madrugada contra o local dos socialistas de Carral. O lanzamento dos artefactos só causaron danos materiais no inmoble, a rotura do cristal da porta e unha gran fumareda. A sede do PSdeG de Carral está situada no baixo da Capela da localidade coruñesa.

Co de Carral son 6 os ataques sofridos neste último ano ás sedes do PsdeG. Unha bomba estopou na sede socialista de A Estrada o pasado 16 de setembro. Dez días máis tarde, o obxectivo foi o local do PSdeG de Salvaterra. Seguiulle a de Teo na madrugada do día de nadal e este mesmo mes, o 4 de xaneiro, produciuse a última acción contra a de Betanzos. En todos eles só provocaron danos materiais e non houbo que lamentar danos persoais.

A estes ataques radicais en Galicia nos últimos meses, engádese o rexistrado, o 19 de abril, na sede do PP de Nigrán. 

Sociedade