A carreira da muller volve ás rúas da Coruña en setembro

A carreira da muller volve ás rúas da Coruña en setembro

12 de Agosto, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A terceira edición da Carreira da Muller percorrerá as rúas da Coruña o domingo vinte de setembro. Trátase dun evento de carácter deportivo e lúdico que se celebra para apoiar a loita contra o cancro de mama. Organiza a revista Sport Life.A inscrición ascende a dez euros o que da dereito á camisola da carreira.

A Asociación Por Máis Vidae a concellaría de Benestar Social e Igualdade de Fene organizan a viaxe para participar na proba. Poñeránse dous buses gratuitos ata completar as prazas. As persoas interesadas poden anotarse no correo electrónico pormaisvida2011@gmail.como ou nas oficinas dos Servizos Sociais de Fene, na avenida do Mar, bloque un baixo en San Valentin. Sairáse da Praza do Concello de Fene o domingo vinte de setembro ás oito e media da mañá.

Sociedade