A Carreira Popular de Negreira dá un salto de calidade coa implantación de novas tecnoloxías

A Carreira Popular de Negreira dá un salto de calidade coa implantación de novas tecnoloxías

19 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

A implantación do ¨transporder¨, o sistema de chip para un control máis eficaz e rápido de tempos e clasificacións, a cargo da empresa Sport Solution, é a principal novidade da trixésimo primeira edición da Carreira Popular de Negreira. A proba disputarase o domingo día 7 de novembro. O dispositivo incorpórase para dar un salto de calidade á carreira, de cuxo control se encargan os xuíces da Federación Galega de Atle

A proba, unha do tres principais do calendario galego de carreiras populares, foi presentada o pasado venres, e os organizadores esperan superar a cifra dos 1.500 corredores inscritos da súa última edición, onde gañou o keniano Peter Kirui, reeditando o éxito do seu compatriota Titus Masai, en 2008.

Entre as novidades destaca que todas as inscricións realizaranse vía online, a través da web municipal: www.concellodenegreira.es. O prazo rematará ás 22 horas do próximo día 3 de novembro. En caso de dúbida poderán chamar ao número de teléfono: 946 412 467.

Así mesmo, cobra especial interese que se unifica a saída e meta nunha mesma zona, na rúa de Castelao, onde se situaba só a chegada. Por primeira vez, tamén haberá un premio para os dous mellores atletas galegos (masculino e feminino), que será o único acumulable, e cunha contía de cen euros e trofeo. Os gañadores da proba nos dous apartados levaránse 1.000 euros, 600 para os segundos, 300 para os terceiros 300 e 200 aos cuartos.

Este ano, a organización quixo render unha homenaxe aos dous mellores atletas de Negreira. Jorge Crespo Arias e Luís Calvo Castro, cuxa imaxe correndo xuntos ilustra o cartel da 31 edición da veterana carreira de Negreira.

A proba tamén será retransmitida por segundo ano a través de Radiofusión, a rede de emisoras municipais de Galicia.  

Deportes