Carrero Bianco, a fusión da electrónica e do pop

Carrero Bianco, a fusión da electrónica e do pop

17 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Os grupos Todo el largo verano e Carrero Bianco ofrecen un concerto mañá venres en Ferrol. Trátase da festa da Fonográfica General. Cóbrase unha entrada simbólica e ofrécese ao público un disco de vinilo grabado con pezas dos grupos participantes na anterior edición do festexo.

Carrero Bianco naceu no barrio ferrolán do Canido. Beben das fontes da música electrónica, pero a misturan tamén co pop e queren trasladar sensacións telúricas aos espectadores. Inspíranse no new wave e no post punk. Presentáronse no programa de actos das Meninas de Canido deste ano, actuaron tamén no Festival da Parrokcheira e como teloneiros de Triángulo de Amor Bizarro e de Tarántula.

 

Joaquín García Kinxo é membro de Carrero Bianco, e indica que escolleron o nome por razóns de marketing e porque se "trata dunha denominación intensa que resume o espiritu do grupo". O concerto de Carrero Bianco e Todo el largo verano comezará mañá venres ás dez da noite en El Desván, na rúa do Sol de Ferrol.

Cultura