A carta aos Reis

O buzón permanecerá ata o dia da cabalgata na casa do concello de Fene.
20 de Decembro, 2019 - 01:23 h. | Publicada por Radio Fene

Nenas e nenos xa poden depositar as súas cartas para os Reis Magos no buzón real instalado na casa consistorial. O Concello de Fene anima aos máis pequenos a deixar as misivas cos seus desexos.

No día de hoxe, os paxes dos Reis Magos instalaron na casa consistorial de Fene un buzón real para que as nenas e nenos do municipio poidan depositar as súas cartas. Nesta liña, o Concello anima aos máis pequenos a escribir as súas peticións e desexos e entregar as misivas xa que, nos próximos días,serán recollidas polos mesmos paxes para a súa entrega aos Reis Magos.

Institucional

Publica o teu comentario agora