Carvalho Calero meréceo

Carvalho Calero meréceo

13 de Febreiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un mugardés encontrase entre o grupo de persoas que defenden a adicatoria do Día das Letras Galegas do 2015 para Ricardo Carvalho Calero. O historiador Bernardo Máiz , actuando como portavoz da comisión promotora que se reunía onte nun instituto ferrolán, deixaba caer que Carvalho se merece tanto ou máis que outros ese Día das Letras.  

Entre as iniciativas máis inmediatas da comisión promotora das Letras para Carvalho, está acudir ao pleno de Ferrol que, por certo, aprobou duas veces esta iniciativa pero nunca a activou, segundo Bernardo Máiz. Tamén se elaborará un documental e se abrirá unha páxina web para reforzar a campaña.

Sociedade