Carvalho Calero: O amor de Castelao todavía nos ilumina

Carvalho Calero: O amor de Castelao todavía nos ilumina

06 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"Castelao profesaba aos seus, especialmente aos pobres, aos desherdados, aos miserentos, un amor que todavía nos ilumina" afirmou D.Ricardo Carvalho Calero en declaracións a Radio Fene en 1986. Recuperamos esas manifestacións a un dia de cumprirense 60 anos desde a morte do rianxeiro.

Segundo Carvalho, "Castelao logrou elevar o ton de voz colectiva e obter de propios e extranos, unha maior comprensión do que nós somos e do que nós debemos ser". O dirixente galeguista soñaba cunha reorganización do país nunha comunidade hispánica de nacións. "A totalidade de Castelao ten unha enorme vixencia, cun pensamento político, criacións plásticas e literarias, co imperativo de afirmación do seu país, da nosa terra" indica Carvalho.

Sociedade