Casa con todo

Casa con todo
20 de Agosto, 2019 - 11:39 h. | Publicada por Radio Fene

A berenxena casa con con todo, como a pataca. Córtase en rodas coa pel e sálgase, pódeselle botar limón para que non se poña negra, ou mollala en leite unha media hora. Está moi boa, tanto na grella, fritida ou ao forno.

Berenxena

A berenxena tamén se pode partir á metade e enchela de carne, de bonito, ou de queixo, con cebolas ou pementos e gratinadas no forno. Guisa ben coa carne, é boa para os pistos e sempre lle presta un derradeiro toque no forno. Planta solanácea con froitos a modo de ovos cilíndricos de cor morada escintílante. Comparounas alguén cun badalo de campá.

Sociedade

Publica o teu comentario agora