A casa e a hipoteca

A casa e a hipoteca

15 de Xaneiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O deputado do BNG, Bieito Lobeira, defenderá na Cámara galega unha Proposición non de lei ao fin de garantir o realoxo das persoas afectadas polos desafiuzamentos. O nacionalista lembra que segundo os datos aportados pola Plataforma de Afectados polas Hipotecas do Morrazo, no pasado 2011, só nesta comarca efectuáronse un mínimo de 11 desafiuzamentos forzosos por non poder facer fronte ao pagamento da súa hipoteca bancaria. Por outra parte, Lobiera tam&e

O nacionalista asegura que os poderes políticos non poden permanecer alleos a unha situación que se está a afectar a milleiros de familias galegas polo que cumpre articular medidas que eviten este desamparo. Neste sentido, o deputado do BNG defenderá o inmediato realoxo das persoas afectadas polos desafiuzamentos en vivendas dignas con réxime de alugueiro social e asequíbel aos seus ingresos e cargas familiares. O parlamentario tamén solicitará que as vivendas teñan unha localización, o máis próxima posible do anterior domicilio.

Sociedade