Caseque 100 nenos participan no V Torneo de fútbol 7 de Maniños

Caseque 100 nenos participan no V Torneo de fútbol 7 de Maniños

21 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Cultural Maniños organiza para comezos do mes de xuño o Quinto Torneo de fútbol 7 para categoria alevín. Este ano participan os equipos do Cariño, Meirás, Racing de San Pedro B, O Val, Galicia de Caranza, A.Meirás e Numancia de Ares.

Os partidos disputaránse no campo do Pote de Maniños o sábado dia 6 entre as 10 da mañá e as oito da tarde e o domingo dia 7 de dez da mañá a unha e media do mediodia. Caseque 100 nenos participarán no torneo que busca unha maior relación e convivencia entre os xogadores dos diferentes equipos. O Cultural Maniños ten preparado o xantar para o sábado. Xa o domingo xogaráse a final, e entregaráse un trofeo conmemorativo aos dous primeiros participantes, e agasallos e lembranzas para todos os xogadores. Quinto torneo de fútbol sete de fútbol alevín do Cultural Maniños. O 6 e 7 de xuño no campo do Pote.

Deportes