Castela e León, obxectivo do programa cultural Xeiras

Castela e León, obxectivo do programa cultural Xeiras

06 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O Centro Arqueolóxico do Barbanza (Concello de Boiro) e a Asociación de Amigos, xunto coa colaboración da Deputación da Coruña está programando unha nova edición do programa cultural Xeiras, que nesta ocasión vai ter como destino Castela e León. O programa que vai a desenvolverse durante o fin de semana do 22 ao 24 de xullo, visitará o recentemente inaugurado Museo das Vilas Romanas e o xacemento arqueol&oac

Durante a visita as instalacións, ademais do centro de exposicións, accederase a visitar as ruínas da vila romana –luxosa casa señorial do século IV e V d.C.-, así como a unha a unha experiencia de living history que consistirá no acceso a unha recreación dunha luxosa residencia romana que conta con varios espazos tematizados coa ambientación propia da época tardorromana.   

A programación cultural inclúe a visita guiada ao Museo Oriental dos Pais Agostiños, que consta con 18 salas de arte chino, filipino e xaponés, que constitúe a mellor colección de arte oriental existente en España, e que revela aspectos moi interesantes das cultural de alén.     

Asemade, visitarase en pleno corazón da denominación Ribera del Duero, o Castelo de Peñafiel e o Museo do Viño. O castelo de Peñafiel, ademais de ser actualmente  é un dos destinos enolóxicos por excelencia de Castela e León, representa un dos bastións do val do Douro durante a Reconquista, caracterizado entre outras cuestións, pola súa singular arquitectura e por ser un referente na revalorización dunha edificación histórica. Este interesante proxecto foi promovido pola Deputación de Valladolid co fin de dar a coñecer a riqueza enolóxica da provincia, que aglutina ao maior número de denominacións de orixe de España; actualmente cinco, ao incorporarse a D.O. de Tierras de León, que ven a sumarse as xa existentes: Ribera del Duero, Cigales, Toro y Rueda, que é a denominación máis antiga de Castela e León.

O aloxamento vaise a realizar no casco antigo de Valladolid, e ponse a disposición 55 prazas. O prazo de inscrición remata o 31 de maio. Pódese solicitar máis información no Centro Arqueolóxico a través dos tfnos: 981843810 ou 647922210, ou ben a través do mail: info@centroarqueoloxicodobarbanza.org.

Sociedade