Castelo de San felipe. Cárcere e morte, por Bernardo Máiz

Castelo de San felipe. Cárcere e morte, por Bernardo Máiz

22 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O historiador Bernardo Máiz presenta esta tarde no Torrente Ballester de Ferrol o libro “Castelo de San Felipe. Cárcere e morte” editado por Embora. Responde a un encargo do arquitecto Iago Seara dentro dun proxecto que pretende escrutar nos usos que tivo ao longo da historia a fortaleza que abre o paso á ría de Ferrol.O historiador ferrolán prepara outra publicación sobre a historia dos corsarios galegos do século XVIII. 

Máiz fala no libro do castelo como cárcere que foi ata 1981. E como lugar, que non o máis relevante da cidade, de execución e fusilamento dos homes e mulleres tralo golpe de estado de Franco. Dí Iago Seara no prologo do libro “ O granito do castelo é, e está cheo de microfisuras nas que se recolle unha memoria pronta a xurdir, esperanzada”.

Máiz fala de 145 persoas asasinadas, documentadas, en San Felipe, pero o historiador mugardés, calcula que poderían ser uns 60 máis. Comparación, Canido gáñalle por goleada con 300 fusilados só nun ano. A dificultade está na desaparición da documentación que estivo no Castelo e hoxe non se sabe onde está.

Bernardo Máiz destaca a impresión que lle produciu a frialdade coa que tanto se rexistra o fusilamento de 4 presos como o arresto de 15 dias dun soldado. Atopouse con ese feito ao rastrexar os rexistros militares. O Torrente Ballester acolle a presentación do libro, que por certo está dende onte nas librarías. Na portada aparece unha foto: o barco da memoria que visitou Ferrol no 2006, pasando por diante do Castelo de San Felipe. Ás 8 da tarde, Iago Seara, prologuista do libro, asistirá ao acto con Máiz así como os tamén historiadores, Eliseo Fernández e Emilio Grandío.

Sociedade