Castelos na area

Cabanas festexa a Santa Marta do 1 ao 4 de agosto
29 de Xullo, 2019 - 09:24 h. | Publicada por Radio Fene

Santa Marta de Cabanas. Nenos e grandes disfrutarán dunha oferta que inclúe música, deporte, artesanía e cine.

O concello de Cabanas ultima as festas de Santa Marta que celebran do 1 ao 4 de agosto. O pinar e a praia da Magdalena serán o escenario dos festexos que arrancan este xoves coa inauguración dunha feira de artesanía que permanecerá no paso marítimo os catro dias.

O venres 2 á mañá celebrarase un concurso de castelos na area, nas inmediacións da caseta de socorrismo e á tarde actuará o mago Cayetano Lledó. Á noite proxectarase a película “Campeones”.

O sabado 3 os máis pequenos asistirán ao CocertoMagnífico e para os maiores actuarán Zentholos e Los Limones.

O domingo 4, o dia grande das festas pola mañá, resérvanos un cross popular no pinar. A tarde noite encherase de música coas actuacións de Airiños do Frade, La habitación de la música, Santero y los muchachos e Farrapos de Gaita. Durante todo o domingo haberá postos de polbo e churrasco.

Sociedade

Publica o teu comentario agora