Castro postula a Aguión como relevo no Congreso de CCOO que comeza esta mañá

Castro postula a Aguión como relevo no Congreso de CCOO que comeza esta mañá

12 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Comisión Obreiras de Galicia celebra o seu IX Congreso Nacional, que se desenvolverá ata o sábado en Vigo. Participan na cita 330 delegados que, ademais de facer balance da xestión e debater arredor da actual situación dos traballadores, terán a responsabilidade de escoller ao seu próximo secretario xeral, que relevará no cargo a Xan María Castro. Este falou para Radiofusiòn do seu adeus e c

Castro entende que dous mandatos seguidos, con prórroga incluída, foron tempo suficiente á fronte de CCOO. Ademais, en tempos de cambio de ideas obrigado pola crise económica, cómpre tamén un cambio de persoas na dirección, segundo a reflexión do ata de agora voceiro da central galega.

Os candidatos con posibilidades de acceder á dirección do sindicato en Galicia son o secretario de Emprego, Eusebio Justo, e o actual secretario de Organización, Xosé Manuel Sánchez Aguión. Este último pasa por ser a opción máis acaída para o secretario xeral saínte, quen non disimula as súas preferencias. Xan María Castro entende que Sánchez Aguión ten o mellor coñecemento do funcionamento e as necesidades futuras de Comisións.

Sociedade