ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Asociación Catro Camiños de Vilalba denuncia a persistente falta de alumeado nas rúas Pepe Apenela e Domingo Goás. A citada Asociación, tras manter varias conversas co alcalde da Vila, Gerardo Criado, insiste na necesidade de repoñer os farois que se retiraron hai catro anos e dotar da iluminación suficiente a esta zona, moi deficiente nas horas de noite.
Desde Catro Camiños “non se entende que, a día de hoxe, non se efectuase ningunha mellora”, a pesar de que si houbo actuacións na zona, como foi a colocación dun báculo sen luminaria.
Outra das queixas desta organización veciñal vilalbesa é o indispensable arranxo das beirarrúas da vila, principalmente no tocante ás vallas de protección e sinalización que levan meses situadas na rúa As Pontes.
Por todo elo piden que o concello deixe a súa “desidia” e que se vexa unha maior “preocupación” para tentar arranxar aquelas zonas que o precisan dentro do Concello.