Catro grupos da comarca participan este sábado no I Festival Rock in Laraxe

Catro grupos da comarca participan este sábado no I Festival Rock in Laraxe

27 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Dirty Socks Patrol, Bronze, Lady Evil e Rockaway son as catro formacións convidadas á primeira edición deste festival que organiza a comisión de festas de Laraxe e que se celebrará o sábado, 30 de maio, a partir das nove da noite.

A iniciativa xordiu a raíz das suxerencias que lles chegaron aos membros da comisión, a través da súa páxina web, para que organizaran algo na parroquia que estivera enfocado á xuventude.

Xose Manuel Golpe, un dos promotores do festival, asegurou esta mañá en Radiofusión que o que pretenden tamén é amosar a toda a xente que asista o talento que teñen os grupos participantes

O festival celebrarase baixo carpa, no campo da festa, e contará con servizo de bar e de bocatería. Ademais, toda a xente que faga a súa consumición no mostrador da comisión de festas, recibirá un agasallo sorpresa.

Sociedade