Catro horas de debate

O debate no pleno fenés extendeuse por espacio de catro horas.
08 de Novembro, 2019 - 10:19 h. | Publicada por Radio Fene

As modificacións de crédito e pagos de facturas ocuparon o debate na primeira parte do pleno. A segunda veu dada polas mocións da oposición e dúas declaracións conxuntas a favor de traballo para Navantia e contra a violencia de xénero.

ESCOITA O PODCAST:

Debate económico

As modificacións de crédito e rectificacións do Orzamento do 2019 centraron a primeira parte do pleno municipal fenés. A oposición criticou que o pago a proveedores se retrase cada vez máis e pediron control. A edil de Facenda contestou que no último trimestre se pasou de 26 a 20 dias de demora e que está dentro do límite dos 30 días. Coa proposta de modificación de crédito preténdese aminorar unhas partidas para sustentar outras, afirmou a edil de Facenda," algo lóxico a final de ano". As aminoradas están relacionadas sobre todo coa área de personal (xubilacións, etc) e a cifra ascende a 251.000 euros. “O BNG non fixo este orzamento” afirmou Trigo e engadiu que “Esta modificación non se informou por parte dos técnicos e por iso non a apoiamos”. O PSOE pediu na comisión que se aclarasen algunas das facturas pero non o fixo o grupo de goberno ata onte ao mediodóa e de xeito pouco aclaratorio, afirmou Mar Piñeiro, así que tamén Piñeiro anunciaba o seu voto contrario. EU propuso que “se sente con nos o grupo de goberno e nos xustifique unha por unha todas as facturas”. Rocio Bértoa respondeu que as facturas están firmadas polos traballadores e concelleiros responsables. As bolsas de emprego siguen en vigor e se están usando, sobretodo as de administrativos e auxiliares, menos a de conserxes que caducou. O PP propuxo finalmente que o expediente quedase sobre a mesa e a responsable de Facenda se reuna non próximos dias cos portavoces para dar as explicacións pertinentes. Prosperou esa decisión cos votos do PP e a abstención do resto dos grupos.

Outro expediente de pago por un importe de 21.000€ de facturas correspondentes a suministro de gas, reparación de coches revisión médicas,etc, dos anos 2017 e 2018 tampouco foi apoiado pola oposición. “O PP xamais votou contra o pago das facturas de consumo que se deben” sostivo Bértoa, quen dixo que non ten sentido ningún. “Nos criticamos a súa actitude. Isto que explicou no pleno tiña que explicalo antes”, dixo o portavoz do BNG, quen se mantivo no voto contrario. O PSOE queixouse de que en 15 dias desde a celebración da comisión de Facenda a responsable non lles deu ninguna explicación das dúbidas que tiñan. O expediente foi rexeitado cos votos en contra de Bloque, PSOE e EU.

Mocións de PSOE e BNG

O PSOE propuxo solicitar á Xunta a elaboración dun censo do xabarín e medidasde control diante dos danos provocados polo porco bravo sobre todo no rural. O BNG manifestouse contrario á medida decretada pola Xunta da caza libre do xabarín porque pode traer consecuencias sobre persoas, sobre todo no outono cando hai moita xente no monte, cazando, collendo cogumelos, etc. O PP votou en contra da iniciativa "por innecesaria", pero prosperou cos votos dos grupos socialista, de EU e BNG. O inicio do actual curso escolar nos centros públicos foi outra iniciativa dos socialistas que criticaron os recortes educativos da Xunta (180 millóns menos que hai 10 anos). Pediron que o concello fomente o aforro de consumo enerxético nos centros escolares e reforme as instalacións. Propuxeron a construcción dun pavillón polideportivo no IES de Barallobre. Votaron a favor BNG e EU. O PP votou en contra porque as obras que se reclaman non competen ao concello senón á Xunta. A portavoz popular relatou todas as melloras executadas en O Ramo, A Xunqueira ou Centieiras e A Galiña Azul, as máis importantes en moitos anos, concluiu Bértoa. Os socialistas tamén se fixeron eco das inquedanzas dos país e nais do colexio O Ramo pola reducción de profesorado de apoio para atender a diversidade, pedindo a dotación dos profesores necesarios. Tamén propuxeron unha xuntanza de todos os centros para analizar esta situación xeral en todo o concello. A iniciativa aprobouse por unanimidade.

O BNG presentou unha moción instando ao concello a que faga un plan de accesibilidade municipal para das persoas con diversidade funcional e que as obras que se realicen a partir dagora teñan en conta este aspecto. A proposta ampliouse a incluir nos orzamentos a eliminación das barreiras arquitectónicas e adicar un 10% dos POS+ a este cometido. Os nacionalistas engadiron na proposta diferentes reformas concretas no barrio de San Valentín, como crear prazas de aparcamento especiais ou de carga e descarga diante do economato. Todos os grupos concordaron coa iniciativa. O BNG aínda presentou outra moción de defensa dos nenos e nenas con necesidades especiais no colexio A Xunqueira. Solicitaron que o pleno esixa á Consellería de Educación a dotación de profesores de apoio e que se convoque ás Anpas de todo o concello para debater este tema. Aclararon que, ainda que nos papeis semella que está resolto o problema, as nais e país afirman que non. Aprobouse por unanimidade.

Os usuarios da piscina de Centieiras transmitiron ao grupo socialista a súa preocupación porque o ascensor non funciona, os condensadores está avariados e os paneis solares levan dende o 2014 sen cumprir a súa función. Pediron que nun prazo concreto de tempo se amañen estas deficiencias. O PP respondeu que o ascensor parou por unha subida de tensión e se está reclamando ao seguro que se faga cargo. Bértoa pediu máis tempo para solventar estes problemas, cousa que rexeitaron os socialista, por iso prosperou a iniciativa cos votos da oposición e a abstención do PP.

Manuel Polo do BNG presentou unha moción urxente pedindo ao pleno o apoio a López Pintos que vai ser xulgado neste mes de novembro na Audiencia Provincial pola súa participación nunha movilización cando era secretario comarcal da CIG, e ao que a fiscalía pide tres anos de cadea. O edil nacionalista aludiu á lei mordaza do PP que influiu nese encausamento. Apoiaron a moción EU e PSOE mentres que os populares votaron en contra, alegando a independencia da xustiza. “Fora das consideracións persoais, afirmou Bértoa, sería inédito que un pleno pretenda influir nos xuices”. O BNG insistiu en que o que se vai xulgar son as protestas dos traballadores e a liberdade de expresión e manifestación. De novo contaron cos votos da oposición.

Declaracions conxuntas

O pleno aprobou finalmente unha declaración institucional demandando carga de traballo para Navantia porque a construcción das F-110 non solventa a falta de traballo para os anos 2020 e 2021. Tamén se demanda ocupación das gradas de Navantia Fene. A corporación apoia as reclamacións presentadas polos traballadores do naval. No mesmo sentido o pleno aprobou unha moción conxunta dos catro grupos políticos contra a violencia de xénero que se cobrou xa este ano a vida de 66 mulleres e tres menores. A proximidade do 25 de novembro “Dia contra a violencia de xénero” fai que o concello de Fene, como administración máis próxima á ciudadanía, reitere o seu compromiso de facer todo o posible por avanzar na concienciación sobre desta lacra. A moción insta ao goberno estatal e á Xunta de Galicia a incrementar os orzamentos para combatela.

Institucional

Publica o teu comentario agora