Cayo Lara (IU): “A intervención de España en Libia só responde a intereses económicos”

Cayo Lara (IU): “A intervención de España en Libia só responde a intereses económicos”

23 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Unha volta de torca do recorte dos dereitos sociais na Unión Europea”. Con estas palabras o coordenador xeral de Izquierda Unida, Cayo Lara, referiuse, esta mañá en Ferrol, ao Pacto do Euro que se negocia nesta xornada entre sindicatos e goberno central. Tamén amosou o rexeitamento da súa formación, á intervención en Libia. Segundo Lara “tememos o peor, unha guerra civil entre os defensores e os detractores de Gadafi armados ata os d

O político de Ciudad Real centrou o almorzo que mantivo cos medios de comunicación en dous temas de máxima actualidade. A negociación que se celebra hoxe sobre o Pacto do Euro. Así, asegurou que este acordo pretende afondar nas políticas neoliberais que garanten beneficios ás empresas e especuladores. “Existe unha guerra contra o Estado de Benestar e máis en tempos de crise polo que nós plantexamos un mantemento dos dereitos. Agardamos que hoxe se acorde algo neste senso”. 

Respecto á participación de España no conflicto en Libia, Cayo Lara declarou que os que apoian esta intervención só pensan en levar mellor tallada no reparto de petróleo. “Poñen a excusa de salvar ao pobo libio de Gadafi. A primeira vítima dunha guerra é a verdade e presumimos que esta guerra estaba premeditada”, apuntou o máximo dirixente de IU. 

IU mantén o seu “non” á guerra. “Queda por coñecer toda a verdade e non estamos involucrados neste tema que só serve para despistar do problema asfixiante do paro que sufre España”, afirmou Cayo Lara. A presenza de Cayo Lara na cidade departamental inclúe unha xornada cunha axenda repleta de actos. Esta mañá visitou as instalacións de Navantia onde se reuniu co comité de empresa e representantes dos traballadores/as. Ademais, ao estar en campaña electoral, o dirixente da formación, participará nun xantar de confraternidade cos representantes e simpatizantes de EU.

Institucional