Caza maior

Caza maior
14 de Agosto, 2020 - 12:44 h. | Publicada por Radio Fene

“Caza maior” chámase o novo traballo de Tecor Societario, un dos grupos de maior proxección da escena punk rock galega. Vivir da música é complicado se non tes outro traballo e agora despois da pandemia moito máis. Eles conformanse con sacar para gastos.

ESCOITA O PODCAST:
Tecor societario

Teñen o seu novo disco grabado e preparado para sair. Agardan que se normalice a situación para poder facer unha presentación en forma co número de concertos suficiente. "Non limitarnos a unha presentación dixital", segundo o guitarrista de Tecor Societario Xabi Buxeiro.Non teñen moitas cancións de amor. A verdade é que falan bastante das cousas que non lle gustan. Son bastante políticos.

O concerto de Bule e Tecor Societario comezará ás once e media desta noite na Sala Guión de Pontedeume. A entrada custa oito euros.

Cultura

Publica o teu comentario agora