ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
As escolas galegas están a padecer recortes do persoal docente de ata o 10 por cento de cara ao vindeiro curso. A Federación do Ensino de Comisións Obreiras de Galicia denuncia que a Consellaría de Educación está a “espremer” o persoal para cubrir o traballo que se amorea pola redución de postos de traballo. Isto débese, segundo o sindicato, a que dende a Xunta preténdese elevar a ratio de alumnado por mestre ata o máximo que
O sindicato docente asegura que dende a Administración, “sen deixar nada por escrito”, se lles forza aos equipos directivos dos centros a decidir a que profesorado se lles suprime a praza ou se lles ofrece a posibilidade do desprazamento. Asemade, Comisións Obreiras declara, a través dun comunicado, que “se está a abusar das materias afíns e de non cubrir os titulares desprazados por motivos de saúde”. Salientan exemplos de centros afectados polas restricións impostas por Educación, como o IES Pedra da Aguia de Camariñas ou o Lagoa de Antelo de Xinzo de Limia, que verán reducido o seu equipo de ensinantes en cinco mestres para o curso vindeiro.