CCOO e UXT aseguran que a folga xeral suporá unha victoria para os traballadores

CCOO e UXT aseguran que a folga xeral suporá unha victoria para os traballadores

03 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“A reforma laboral do goberno responde a unha política de dereitas” segundo Comisións Obreiras e UXT. Os dirixentes dos sindicatos Ramón Górriz e Toni Ferrer participaron esta mañá en Ferrol nun acto preparatorio da folga xeral do 29 de setembro. Górriz e Ferrer sinalaron que coa reforma da lexislación laboral hai motivos de peso para convocar o paro. ”O futuro non está escrito e os traballadores sabemos que non cabe a resignac

A folga do 29 de setembro vai ser a máis importante das 5 celebradas desde a chegada da democracia, declarou Ferrer. Asemade sinalou que non quedarán pasivos ante o recurte dos dereitos dos traballadores que promove o goberno.

Segundo Ferrer o único que está sacando beneficios da crise é o sector financeiro a costa da conxelacións das pensións, o recurte dos salarios públicos e dos dereitos dos traballadores. Pola súa banda, o secretario de acción sindical de CCOO, Ramón Górriz, apuntou que a folga xeral suporá un punto de inflexión para mudar as políticas do goberno e para evitar as reformas previstas das pensións.

Tras os resultados da suba do paro reflíctese que os obxectivos previstos polo executivo central non se cumpren, sentenciaron. Ademais criticaron que o decreto de reforma recoñeza as axencias privadas de recolocación con ánimo de lucro. Ante isto, salientaron que “non conciben a conversión dunha lacra social, como o paro, nun negocio privado”. Demandan a rectificación do goberno mediante a folga do 29. “Un paro masivo que mudará a situación actual, xa que coas folgas xerais sempre gañamos” reseñaron.

Sociedade