Cedeira quenta motores para celebrar esta fin de semana o Samaín

Cedeira quenta motores para celebrar esta fin de semana o Samaín

30 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Hoxe mesmo comezan as actividades cun obradoiro de caliveiras e o tradicional fiadeiro de castañas no Paseo do Pinzón, a partir das seis do serán. Alí os pequenos e as pequenas poderán preparar os seus colares, a base de zonchos, e unha hora máis tarde asistir ao espectáculo de títeres “O melonazo”. Ás oito entragaranse os premios da sexta edición do concurso literario “Unha manchea de contos de medo” e pola noite

Mañá sábado será o día grande do Samaín de Cedeira. A festa arrincará co tradicional concurso de decoración de cabazas e un obradoiro de “maqueado” a cargo de Fusa Guillén. A media tarde, servirase a denominada “merenda de outono” a base de bola de zucre e requeixo. E xa pola noite, cando a escuridade inunde a vila de Cedeira, celebrarase un dos actos máis vistosos da festa, o “pasarrúas de pantasmas”. A comitiva sairá ás oito e media da Praza do Peixe e percorrera o paseo da vila para voltar pola rúa Ezequiel López e outras do casco histórico. Ao remate entregaranse os premios do concurso de cabazas.

O Samaín é unha festa na que se recupera a tradición galega de tallar as cabazas ou caliveiras na época de Defuntos e Tódolos Santos. A festa, impulsada hai agora vinte anos polo profesor e estudoso Rafael López, extendeuse dende a vila de Cedeira a toda Galicia.

Sociedade