Celebrarán o Dia Mundial da Francofonía

Celebrarán o Dia Mundial da Francofonía

16 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

20 familias francesas, a maioria emigrantes retornadas, conforman a Asociación Francófona  que ten a sede en Fene (A Coruña). Organizan para o 27 deste mes un acto con motivo do Dial da Francofonía, a Journée internationale de la Francophonie que se celebra en todo o mundo o 20 de marzo . Queren darse a coñecer ao resto da cidadanía e por iso convíd

Cancións francesas de sempre e gastronomía do país galo son a disculpa para a reunión, segundo  Natalie Carrei, unha das directivas da a asociación. O pasado 14 de xulio celebraron a primeira actividade coincidindo co Dia Nacional de Francia. Cada mes proxectan películas francesas para nenos e adultos, e preparan unha viaxe a París. A proxima cita será o sábado 27 de marzo na Casa da Cultura de Fene, dende as 4,30 da tarde.

 

Os actos comezarán ás 4,30 da tarde coa proxección dun documental sobre A Torre Eiffel, en francés. Seguiranlle recitais en francés dos alumnos e alumnas do IES Castro da Uz da Pontes e un cocktail afrancesado. A conmemoración rematará coa actuación de “Los 3 de Cora” que ofrecerán cancións do seu espectáculo “De Belleville a Pigalle” tamén en francés. A asociación quere abrirse a todo o mundo interesado dalgunha maneira na língua francesa que no ensino secundario volveu ser obrigatoria.

Sociedade