Cen bidueiros son moitos bidueiros

Betula e Aspaneps prantan 100 exemplares en Marraxón
20 de Novembro, 2020 - 02:17 h. | Publicada por Radio Fene

O portavoz de Betula, César Martínez Yáñez, fálanos desta e outras iniciativas que levan a cabo desde a asociación.

ESCOITA O PODCAST:

A mañá foi perfecta para o traballo de reforestación promovido pola asociación ecloxista Betula nos montes en man común de Marraxón. O concello de Fene colaborou na acción que protagonizaron os usuarios e usuarias de Aspaneps sempre dispostos ao traballo. Nesta ocasión prantáronse 100 bidueiros e 12 freixos, árbores autóctonas que queren plantarlle cara aos eucaliptos.

Ás dez da mañá estaban xa no Coto do Rei e desde alí seguiron a pe ata o Chao das Pozas, lugar destinatario da prantación. Betula mercou as árbores cunha subvención da Deputación da Coruña e as ferramentas foronlle doadas polo concello de Fene, cuxos representantes presenciaron a acción que non deron rematado hoxe. Mañá membros de Betula concluirán a faena.

Ademais de cos comuneiros de Marraxón, Betula ten convenio e custodia no parque das Fragas do Eume onde propuxo un proxecto para executar a primeiros de decembro, a creación dun xardín botánico de felgos, en colaboración co Parque das Fragas e o Centro Agroforestal de Guísamo.

Sociedade

Publica o teu comentario agora