Cen camións contra o decreto do carbón

Cen camións contra o decreto do carbón

25 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

O claxon de 100 camións, ese foi o son que marcou a actualidade desta mañán en Ferrolterra. Cen camións e numerosos vehículos particulares sairon ás 10 da mañán das Pontes en dirección a Ferrol para protestar contra o Decreto que, segundo a Plataforma do Carbón, podería destruir 1500 postos de traballo directos e acabar co sector en Galicia, nas Centrais das Pontes e Cerceda.

Un cento de camións sairon ás 10 da mañán das Pontes e percorreron por estrada os 30 Km que separan esta localidade do porto de Ferrol. Dous Km aproximadamente de caravana que se deixou sentir especialmente ao atravesar Fene e Ferrol. Ás 13.00 horas en punto cruzaron Fene e media hora despois chegaban ao seu destino na cidade departamental. Os camioneiros culminaron a marcha entrando no recinto do porto interior ferrolán onde lles agardaban centos de persoas. Entre elas  o deputado do BNG, Francisco Jorquera, quen criticóu á Xunta de Galicia por non ser quen de presentar nen unha alegación ao Decreto, afirmando que tanto o PP como o PSOE rexeitaron no Parlamento a Proposición presentada polos nacionalistas ao respecto.No porto ferrolán referíase o deputado nacionalista á gravedade da situación, se é que finalmente prospera o decreto, comparandoa coa do sector naval e a antiga Astano.
A marcha dos camións rematou con intervencións dos membros da Plataforma do Carbón dende o camión altofalante da CIG que foi o que encabezóu a movilización.

Sociedade