Centieiras de novo nas ondas

Centieiras de novo nas ondas
01 de Decembro, 2023 - 07:48 h. | Publicada por Radio Fene

Volven “As crónicas de Centieiras”. Nenos e nenas que cursan 5º de Educación Infantil, 2º de Educación Primaria e 5º de Educación Primaria no colexio de Centieiras informaron desde Radio Fene da intensa actualidade escolar. 

 

ESCOITA O PODCAST:

Meses con gran actividade para comezar o curso escolar, segundo o resumo que fixeron os alumnos e alumnas que se achegaron a Radio Fene para elaborar o programa emitido este venres, día 1 de decembro, ás 9.30 horas. Sumáronse á limpeza de praias de Adega quitando de lixo da praia de San Valentín. Foron ao teatro. Aprenderon como é o ciclo da auga e como se producen as inundacións. Tamén sobre novas tecnoloxías. Festexaron o Samaín. Visitaron a Lonxa da Confraría de Pescadores de Ferrol, no Porto de Curuxeiras. Alí aprenderon “cousas relacionadas co medio mariño e coa pesca”, “coñeceron especies como as esponxas de mar” e avanzaron na concienciación sobre “a necesidade de conservar os nosos mares e a vida que habita neles”. Recibiron información sobre nutrición nunha charla e sobre a lacra da violencia de xénero noutra actividade. E ata fixeron unha andaina contra a violencia de xénero para conmemorar o 25N. 



 

Sociedade

Publica o teu comentario agora