Cento cincoenta judocas disputan o trofeo cidade de Ferrol

Cento cincoenta judocas disputan o trofeo cidade de Ferrol

10 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Oito judocas de Ferrolterra disputarán o vindeiro domingo, día 13, o campeonato de Galicia Absoluto X Trofeo de Judo Concello de Ferrol, que se celebrará a partir das catro e media da tarde, no pavillón polideportivo de Esteiro. Ao campeonato, clasificatorio para o Campionato de España Absoluto senior e sub-23, acudirán un total de 145 deportistas, 105 na categoría masculina e 40 na feminina. O novo regulamento de competición que penaliza a supresi&

O campeonato terá dúas ausencias significativas para o deporte, unha a da subcampiona de europa, Sara Álvarez e a do medalla de bronce do último mundial, Alex Sanmartín, que están ámbolos dous mancados. Tampouco acudirá á competición do domingo a integrante da selección galega de cadetes, a ferrolá Sofía Alonso, que nestes momentos está apartada dos entrenamentos por motivos persoais.

O calendario da competición dará comenzo ás doce da mañá coa pesada dos participantes para ás catro e media da tarde disputar as eliminatorias e repescas. Ás sete da tarde celebraránse as probas finais para rematar coaa entrega de trofeos.

A competición abarca aos deportistas nados a partir de 1993 e ata despois do ano 1988. O grado mínimo que se esixe é de cinto marrón e o sistema de competición é de eliminatoria directa con repesca dobre cruzada, é dicir, só ten a clasificacion asegurada o campeón de cada grupo. O resto dos clasificados optan logo á repesca dos técnicos da Federación Galega.

O seleccionador galego de cadetes, Alberto Castro, confia en que a representación da comarca neste campeonato deixe o listón ben alto, aínda que as posibilidades de acadar algunha medalla son difíciles, xa que son todos moi novos e para a maioría ésta é a súa primeira competición.

Deportes