Cerámicas e ladrillos Maniños S.L.

Cerámicas e ladrillos Maniños S.L.
26 de Decembro, 2019 - 11:23 h. | Publicada por Radio Fene

Unha fábrica de tellas e ladrillos funcionou na ribeira de Maniños entre 1955 e 1970. Unhas vinte persoas traballaban na instalación montada pola sociedade Cerámicas y ladrillos Maniños S.L: Logo pasou a ser propiedade de Cerámicas San Salvador S.A da familia Arzúa que xa tiña unha telleira en Ares. En Maniños, o barro da praia misturábase con outro de menor calidade.

Telleira en Maniños

Dentro das instalacións "os operarios traballaban descalzos, xa que se ían con zapatos a arxila ía pegándose a eles, formando unha masa compacta". O traballo ía de marzo a outubro polas condicións climáticas necesarias para non ter excesiva humidade no ambiente. "A cocción era un proceso moi longo e moi importante. Cocíase unha vez ao mes e antes de cocelo deixábase secar as pezas ao exterior durante un ou dous días. Despois, cocíanse durante 1 semana enteira, atizando día e noite o lume", explican, engadindo que "trala cocción deixábanse arrefriar as pezas durante dúas semanas e aínda así estaban quentes os ladrillos e as tellas". Era un forno de botella.

Sociedade

Publica o teu comentario agora