Cesáreo Sánchez (AELG): “Unha sociedade que non xera produtos propios esmorece”

Cesáreo Sánchez (AELG): “Unha sociedade que non xera produtos propios esmorece”

28 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A Coruña acollerá a vindeira fin de semana a XVII edición do Congreso Galeusca que organizan cada ano e de xeito conxunto as asociacións de escritores vascos, galegos e cataláns. A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) é, nesta ocasión, a responsable de organizar un congreso que xirará arredor do papel da literatura dentro do sistema cultural. “Nesta ocasión queremos tratar a problemática do escrit

A literatura na cultura popular non só é depositaria da alma dun pobo senón que tamén fornece contidos a unha amplísima industria cultural (soporte en papel, audiovisual,etc). A cultura aporta o 2% do PIB galego e xera 25 mil postos de traballo, sinalou Sánchez. “Hai que mirar a escrita con outros ollos. O diñeiro público que se gasta nela é unha inversión que alimenta a identidade dun pobo pero tamén a súa economía”. 

Ao presidente da AELG, sorpréndelle os grandes recurtes para a cultura dos novos orzamentos do goberno galego e apunta que mermará o sector industrial nun 50%. “Para os escritos suporá máis difícil editar, sobre todo, no xénero da poesía e do teatro”. 

Como anfitrións do congreso e co gallo do Xacobeo, ofrecerán aos asistentes unha “viaxe” pola cultura galega e pola nosa conformación como pobo. Cesáreo Sánchez explicou que os escritores vascos, galegos e cataláns teñen que reivindicar ao Estado o recoñecemento da literatura galega, catalá e vasca ao mesmo nivel que a castelán. Ademais subliñou a necesidade de interrelacionarse sen necesidade de “pasar por Madrid”. “Compartimos moitas cousas, entre elas, ser linguas minoritarias fronte ao castelán”. 

Ademais de tratar a problemática actual do escritor e o seu papel dentro do sistema cultural, a crise e a lingua serán outros dos temas que estarán presentes neste encontro. Neste senso, agardamos que coa crise  non se borren as estruturas culturais xeradas polos estatutos polo que estaremos atentos que non desapareza o construido pola nosa xeración baixo a excusa da crise económica”, declarou.

Cultura