Cesión de local a Aspaneps

Cesión de local a Aspaneps
29 de Outubro, 2018 - 10:06 h. | Publicada por Radio Fene

O BNG pedirá o apoio do pleno ás persoas denunciadas por reclamar a devolución do Pazo de Meirás.

A corporación municipal de Fene reúnese este mércores 31 en pleno ordinario que se adianta un dia por ser festivo o xoves 1 de novembro. Someterase a aprobación o convenio de cesión gratuíta dos locais 1 e 1A, sitos en O Castro propiedade do Concello de Fene a prol de Aspaneps. O BNG presentará unha moción en apoio ás persoas denunciadas por reclamar a devolución do Pazo de Meirás. Darase conta nesta sesión do período medio de pagamento global aos provedores e someterase as aprobación a proposta de modificación dos estatutos da Asociación de Concellos do Camiño Inglés. Preséntase tamén unha moción para instar á Xunta de Galicia á sinatura dun convenio para a implantación de semente produtiva na ría de Ferrol e ao Ministerio de Fomento para a substitución das escolleras da ponte das Pías por pilares. No pleno caben aínda mocións urxentes e rogos e preguntas.

Institucional

Publica o teu comentario agora