CGT pide a Renfe unha baixa de prezos e unha modificación de horarios no Avant

CGT pide a Renfe unha baixa de prezos e unha modificación de horarios no Avant

08 de Abril, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O sindicato CGT púxose en contacto cos novos responsables de Renfe para demandarlles unha revisión de prezos e horarios do Avant galego entre Ourense e A Coruña. O sindicato ferroviario sinala que tras case catro meses de funcionamento do servizo Avant non se alcanzaron os niveis de ocupación desexados en relación ao investimento feito. Por iso, nunha carta dirixida á dirección de viax

Por outra banda, o sindicato ferroviario destaca que, tal e como reclamara ante a compañía, Renfe incrementou o persoal de interventores en Galicia, incorporando a seis novos traballadores, o que supón que todos os trens de Galicia irán con persoal de atención ao viaxeiro a bordo. Desta maneira cúmprese unha das súas reivindicacións, que trataba de garantir maior calidade e tamén reducir a fraude, que se disparou neste último cuadrimestre pola falta de revisores en moitos trens.

Sociedade