Charo Lopez visitará en Ferrol a exposición Torrente Ballester e o mar

Charo Lopez visitará en Ferrol a exposición Torrente Ballester e o mar

14 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A actriz Charo López o director de cine, Imanol Uribe ou o escritor Manolo Rivas, pasarán pola exposición “Torrente Ballester e o mar” que botou a andar a pasada fin de semana en Herrerías, no espacio de Exponav. Os textos do escritor e os fondos do Museo Naval xuntos para resaltar a presenza do mar na obra literaria do escritor ferrolán no centenario do seu nacemento.  Moitos persoeiros arrouparán a mostra daquí ao 31 de xullo, dia do peche.

A actriz Charo López é unha das convidadas ao evento por ter protagonizado a serie televisiva sobre a obra de Torrente “Los gozos y las sombras”, e con ela tamén o director de cine, Imanol Uribe, que levou á grande pantalla a obra “El rey pasmado”. Anunciouno o comisario da mostra, experto da obra de Gonzalo Torrente Ballester, Xosé Antonio Ponte Far .

Gañadores do premio de narrativa Torrente Ballester , como Manolo Rivas ou Luisa Castro, pasarán pola exposición no mes de novembro, coincidindo co fallo do premio que se celebrará nesta edición en Ferrol.
A exposición está aberta ás visitas en Exponav, no edificio de Herrerías, o mellor lugar para rodearse de mar, porque lendo a Torrente faise evidente a enorme importancia que ten na sua obra literaria, o mesmo que a cidade de Ferrol. Os pintores Máximo Ramos, Sotomayor, Bello Piñeiro, están presentes na mostra na que é posible ver un vídeo interactivo sobre “as rutas Torrentinas” os lugares da cidade con especial significado para o autor de Serantes. A mostra pode verse de luns a domingo, entre as 10,30 e as 14,30.

Sociedade