Chega hoxe ás librarías a nova novela de Manuel Rivas

Chega hoxe ás librarías a nova novela de Manuel Rivas

07 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Todo é silencio, a nova novela de Manuel Rivas, chegou hoxe ás librarías galegas. Saíu do prelo cunha primeira edición de 12.000 exemplares, converténdose na obra de maior tirada inicial da historia de Edicións Xerais. O libro narra o ascenso social dun capo contrabandista, Mariscal; unha historia que serve para reflexionar sobre os círculos do crime e a corrupción.

A nova novela de Manuel Rivas están ambientado nun territorio imaxinario, Brétema, situado na Costa Atlántica. O autor recrea un tempo en que as redes do contrabando, reconvertidas ao narcotráfico, acadaron tanto poder que estiveron moi preto de controlar o poder social e as institucións. Todo é silencio narra tamén a vida dun grupo de amigos, aos que une dende a infancia o andar á crebas, á procura de restos de naufraxios. Dende moi pronto, o destino da xente nova dese territorio estará determinado pola sombra do omnipresente Mariscal.

Sociedade