Chega unha nova directora ao Centro Social de Fene

Chega unha nova directora ao Centro Social de Fene

16 de Abril, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Centro sociocomunitario de Fene cambia de director. Marcha Ignacio Orejas e unha nova directora, María José Álvarez Martínez, tomará posesión da praza este xoves, segundo nos comunica, Manuel Caldevilla, responsable da Coral do Centro. O DOG publicou xa a nova incorporación e a nova directora xa se presentou aos usuarios-as hai uns dias. Manuel Caldevilla.

O mesmo centro organiza para este venres, dia 19, unha reproducción da Feira de abril de Sevill, con xantar a base de pescaíto frito e gazpacho por 9€ o menú. O conxunto Horizonte amenizará un baile onde non faltarán algunhas  sevillanas. 

Non acaban aí as citas gastronómicas deste mes no Centro Social porque o dia 27 hai tripada na cafetería cun prezo de 4.50€. Caldevilla loubou as iniciativas da cafetería do centro que ofrece menús diarios a bon prezo e abertos a todo o mundo.

Aínda este mes rematan os campionatos de Tute e dominó. E o dia 11 de Maio celebran no Centro Sociocultura, as Letras galegas coas actuacións das Pandereteiras de San Sadurniño, un concerto de percusión e a actuación da coral do centro "La eterna juventud".

Sociedade