A chegada dos Reis Magos

A chegada dos Reis Magos
04 de Xaneiro, 2020 - 10:01 h. | Publicada por Radio Fene

Convidados polo Concello, as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente visitarán Fene este domingo para facer un percorrido polas rúas do municipio e compartir a tarde coa rapazada. Atenderán as súas peticións e, preto da noitiña, partirán para iniciar o reparto de agasallos polos fogares do municipio.

Os Reis Magos en Moeche. 2019

Así, a súa chegada a Fene está prevista para o domingo ás 17,30 horas. Irán a Perlío, na encrucillada de Marqués de Figueroa coa rúa da Xunqueira, para iniciar un itinerario xunto aos seus paxes pola Avenida Marqués de Figueroa, Cruce de Fene e Avenida Naturais de Fene, rematando na praza do Concello, onde serán recibidos polo alcalde, Gumersindo Galego. Neste lugar, e baixo carpa, ocuparán os tronos que instalará o Concello e atenderán as peticións de nenos e nenas. Haberá festa infantil, con música, animación e moitas larpeiradas.

Sociedade

Publica o teu comentario agora