Chegados a este punto

Chegados a este punto
14 de Decembro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

A rapazada de menos de tres anos de Fene e da comarca ten unha boa ocasión de gozar e aprender este venres. O Titiribaile presenta o seu espectáculo na biblioteca municipal Pérez Parallé. Hai que reservar entrada.

No marco da programación de Nadal que organiza a Concellería de Cultura, este venres, 16 de decembro, actúa na biblioteca municipal Xosemaría Pérez Parallé o grupo O Titiribaile con
“Chegados a este punto”, espectáculo dirixido a crianzas de 0 a 3 anos. As prazas xa están prácticamente cubertas pero aínda queda algunha dispoñible. As persoas que se queiran
anotar, poden facelo na biblioteca municipal de Fene, presencialmente ou no teléfono 981 342302 (horario de 16.00 a 21.00 horas).
“Chegados a este punto” é unha clase maxistral onde ensinamos que a vida é máis sinxela do que semella....a vida SON CORES. É unha clase onde podes acudir sempre que queiras pois cada día nos
deixa unha lección. Nesta ocasión aprenderemos como superar os nosos medos, que cor representa cada emoción, que un agasallo non ten porque ser material, que todos temos un artista dentro,
animais, estacións, cores, etc. A través da música, das cores, dos sentidos etc...

Actividade de balde, con aforo limitado e reserva previa.
Duración aprox.: 30 minutos

Cultura

Publica o teu comentario agora