Chegan campións á metade

Chegan campións á metade
09 de Marzo, 2020 - 10:01 h. | Publicada por Radio Fene

Cebarca 1- Perlío 2. O Perlío acaba a primeira volta da liga de Segunda Autonómica sen perder ningún encontro e cun empate. 28 puntos acumulados supoñen unha vantaxe de tres sobre o Maniños.

ESCOITA O PODCAST:

Victoria do Perlío nun campo difícil. Veuse obrigado a remontar porque se adiantou o Cebarca moi cedo. No minuto 2 xa se poñían os locais por diante. Pero desde ese momento o Perlío liderou o encontro, aínda que non daba traducido ese dominio en acertos diante dos tres paus. Ata sete veces fallaron o tiro no primeiro tempo. Finalmente chegaron os goles de Gabeiras e Dani para poñer o encontro a favor. Ata o final non chegou a tranquilidade porque non deron sentenciado co terceiro.

Recoñece Chechu Piñeiro que acabou contento do resultado e do xogo. Ademais nunca gañara na Barqueira. Para el “é un campo difícil”. Acabou a primeira volta cun balance que non pode ser máis que positivo para o Perlío que descansa na próxima xornada.

A partir dagora quedan 10 partidos e tres meses de traballo. “Se nos confiamos- afirma o técnico dos Pinares- un tropezo pode ser vital para o resultado final”. Nestas dúas semanas Piñeiro quere recuperar a Isma e preparar ben a segunda volta da liga.

Deportes

Publica o teu comentario agora