Chegan a Fene as “miradas emerxentes” dos novos creadores galegos

Chegan a Fene as “miradas emerxentes” dos novos creadores galegos

10 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Casa da Cultura de Fene acolle dende hoxe a exposición “Miradas emerxentes”. Organizada pola Deputación da Coruña, a mostra pretende ser un escaparate do traballo realizado por cinco novos valores da fotografía galega: Manuel Valcárcel, Alberte Peiteavel, Xosé Durán, Antía Moure e Maribel Castro.

“Miradas emerxentes” recolle cincuenta fotografías, en branco e negro e cor. En palabras do comisario da mostra, Xurxo Lobato, son instantáneas que salientan pola súa “singulariedade e orixinalidade pero que ademais reflicten unha grande capacidade de creación por parte dos autores”

Nesta exposición Manuel Valcárcel presenta un traballo que se pode encadrar na fotografía documental, ao mesmo tempo que realiza unha homenaxe á muller. Alberte Peiteavel amosa unha serie na que se realiza un guiño á pintura, tomando como elemento central en todas as fotografías un paraugas en Compostela, e Xosé Duran reflexiona sobre a soidade a través da ollada dos transeúntes de Nova Iork. Pola súa banda, Antía Moure reflexiona dende o pasado sobre os seus sentimentos persoais e Maribel Castro realiza unha homenaxe aos clásicos da pintura.

Sociedade