Chegan as festas patronais

Fene está en festas. Verbenas o 6 e 7 de agosto.
05 de Agosto, 2019 - 01:05 h. | Publicada por Radio Fene

As festas de San Salvador e San Roque traen a música ata Fene.

Chegan as festas patronais de Fene. Mañá, martes 6 de agosto celebrarase a festa na honra do divino Salvador. O grupo de gaitas Berros do Castro percorrerá a parroquia e ás 12:30h terá lugar a misa solemne e a procesión. No campo da festa, o Grupo Pasión amenizará a sesión vermú. Pola noite estes mesmos subirán ao escenario xunto á orquestra Anaconda.

E o mércores 7, a festa continúa, esta vez na honra de San Roque. De novo Berros do Castro percorrerán a parroquia e ás 12.30h celebrarase a misa solemne e a procesión. Nesta ocasión, a sesión vermú correrá ao cargo de Costa Dorada, tamén tocarán pola noite na verbena xunto ao grupo Alma Latina.

Cultura

Publica o teu comentario agora