Chorei na botadura do Arteaga

Chorei na botadura do Arteaga
16 de Febreiro, 2020 - 10:30 h. | Publicada por Radio Fene

O lanzamento ao mar do Arteaga foi un recordo imborrable. Xosé Seco lembra a súa participación na construción do Arteaga, o petroleiro botado en Astano o 15 de abril de 1972. 330 metros de eslora por 53,30 de manga. Arqueo bruto de 163.794 toneladas. Fora o maior buque construído en Europa e o máis grande do mundo lanzado ao mar en grada inclinada. Directivos de estaleiros xaponeses estiveran presentes para ver se se rompía na botadura.

Botadura do Arteaga

Xosé Seco fora un dos que participara na construción e o dia da botadura as bágoas correron polas súas meixelas ao comprobar o éxito da operación. Entrara como aprendiz en Astano en 1958. Logo rexentou o bar Os Montañeiros, na rúa do Concello de Fene de 1982 ao 2003.

Sociedade

Publica o teu comentario agora