A chuvia non puido co Entroido

A chuvia non puido co Entroido
23 de Febreiro, 2023 - 08:05 h. | Publicada por Radio Fene

A chuvia non puido co Entroido. O tradicional desfile de comparsas celebrouse desde o Círculo de Perlío ata a Praza Alcalde Ramón Souto de Fene.  “Prégolle a Iolanda Díaz toda unha ilustre fenesa, que traballe pola esquerda e non aspire a princesa” afirma o testamento do Entroido 2023. As trece comparsas participaron no Carnaval, animaron as rúas e desfilaron polo palco da praza. Todo rematou coa lectura do Testamento do Entroido e a tradicional queima do meco.

Fotografía Xan Xe Corral

O Concello de Ferrol celebrará o venres no barrio de Ultramar o tradicional enterro da sardiña. As comparsas iniciarán o percorrido polo barrio ás oito da tarde.As once da noite procederase ao enterro da Sardiña.

Radio Fene difundirá nos vindeiros dias na súa canle de youtube reportaxes individualizadas sobre cada unha das comparsas participantes no Entroido de Fene

https://www.youtube.com/@radiofeneradiofusion1265

Tamén se emitirán reportaxes na canle de Radiofusión:

https://www.youtube.com/@radiofusion_emisoras

 

Fotografías: Xan Xe

Cultura

Publica o teu comentario agora